A “Biblioteca Virtual Galega”

POST: Simón Hortal

bvg

A Biblioteca Virtual Galega é unha páxina desenvolvida pola UDC, e constitúe unha ferramenta para poder coñecer a obra de moitos autores galegos. Esta páxina é moi versátil. Por un lado é un enorme recompilatorio de obras, de títulos e de autores perfectamente relacionados na páxina, e por outro tamén nos permite descubrir novos autores mediante un pequeno apartado no cal se permite publicar obras, as cales son avaliadas e xulgadas (mediante comentarios e a asignación de puntuacións) polo público, é dicir, calquera que chegue ata a obra en cuestión. Tamén nos amosa contido audiovisual relacionado coa literatura, xa que nos permite ver vídeos ou poemas musicados.

En canto á súa utilidade, non existe dúbida de que é incriblemente útil para coñecer poucas cousas sobre, practicamente, todo autor galego. En cambio, a súa estética semella antiga e a interfaz esta obsoleta. Non deixa de ser intuitivo para o seu uso, pero non resulta nada atractivo para unha persoa que simplemente estea buscando un glosario con información de autores e obras. Se eu atopase esta páxina por casualidade, sinceramente non creo que lle dedicara moito tempo xa que non parece gran cousa. Polo tanto opino que o principal erro da páxina é a estética, necesita unha renovación. Con todo, en liñas xerais está moi ben e é incriblemente útil para os estudosos da materia e sería unha mágoa que rematara descoñecida totalmente simplemente por non ser chamativa.

Advertisements

Revisando a rede: “Novenoites”

POST: Ana Otero Caetano

novenoites

ENLACE: http://novenoites.blogaliza.org/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Francisco Martínez Bouzas.

DATA DE CREACIÓN: 26 de novembro de 2010.

ACTIVO / NON ACTIVO, tendo en conta os últimos tres meses: Activo

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN, tomando como referencia as 10 últimas entradas: Frecuencia irregular.

CONTIDO PREDOMINANTE : Reseñas de libros e/ou crítica literaria.

Revisando a rede: “Criticalia”

POST: Clara Maseda Da Veiga

criticalia

ENLACE: http://armandorequeixo.blogaliza.org/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Armando Requeixo.

ANO DE CREACIÓN: 2011

ACTIVO / NON ACTIVO, tendo en conta os últimos tres meses: Activo.

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN, tomando como referencia as 10 últimas entradas: Máis de 1 post cada semana.

CONTIDO PREDOMINANTE, tendo en conta as 10 últimas entradas: Reseñas de libros e/ ou crítica literaria. Noticias literarias

Revisando a rede: “Cabaret Voltaire”

POST: Manuel Álvarez Rodríguez

cabaret-voltaire

ENLACE: http://cabaretvoltaire.canalblog.com/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Santiago Jaureguizar

ANO DE CREACIÓN: 31 de xaneiro do 2016

ACTIVO / NON ACTIVO tendo en conta os últimos tres meses: Activo

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN (Tomando como referencia as 10 últimas entradas): Semanal / Quincenal.

CONTIDO PREDOMINANTE, tendo en conta as 10 últimas entradas:Reseñas de libros e/ ou crítica literaria, Creación literaria, Opinión de contidos culturais en xeral, Critica de cine.

Revisando a rede: “Brétemas”

Post: IRENE AWAD

capturada

FICHA:

ENLACE: http://bretemas.gal/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Manuel Bragado.

ANO DE CREACIÓN: 2005.

ACTIVO / NON ACTIVO, tendo en conta os últimos tres meses: ACTIVO.

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN, tTomando como referencia as 10 últimas entradas): Máis de un post cada semana (posts diarios).

CONTIDO PREDOMINANTE : Opinión de contidos culturais en xeral.

Revisando a rede: “Biosbardia”

Post: RAMÓN DORREGO FERNÁNDEZ DE SOTO

biosbardia

FICHA:

ENLACE: https://biosbardia.wordpress.com/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Cesar Lorenzo Gil.

ANO DE CREACIÓN: outubro 2013.

ACTIVO / NON ACTIVO (tendo en conta os últimos tres meses): Activo.

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN, tomando como referencia as 10 últimas entradas: máis de 1 post cada semana.

CONTIDO PREDOMINANTE : noticias literarias.

Revisando a rede: “Caderno da crítica”

Post: SIMÓN HORTAL

caderno-da-critica

FICHA:

ENLACE: https://cadernodacritica.wordpress.com/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Ramón Nicolás

ANO DE CREACIÓN: 2010

ACTIVO / NON ACTIVO (tendo en conta os últimos tres meses): Activo

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN, tendo en conta as 10 últimas entradas: máis de 1 post cada semana.

CONTIDO PREDOMINANTE, tendo en conta as 10 últimas entradas: Reseñas de libros e/ou crítica literaria. Noticias literarias. Noticias culturais en sentido amplo.

Revisando a rede: “Cabrafanada”

Post: MARÍA CANDO CRUÑAcabrafanada

ENLACE: http://cabrafanada.blogspot.com.es/

NOME DA PERSOA RESPONSABLE DO SITIO: Fran Alonso

ANO DE CREACIÓN:2004

ACTIVO / NON ACTIVO (considérase activo se se actualizou nos últimos tres meses): Activo

FRECUENCIA DE ACTUALIZACIÓN (tomando como referencia as 10 últimas entradas): máis de 1 post cada semana.

CONTIDO PREDOMINANTE (tendo en conta as 10 últimas entradas): Reseñas de libros, creación literaria, opinión de contidos culturais en xeral.

Comezo

POST: Suso Fernández Acevedo

cropped-internet61

Este é o blog de “Literatura galega e sociedade”, materia de libre configuración de centro ofertada ó alumnado de 2º de BAC do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Non andamos á busca das metáforas nin das rimas de ningún tipo, non temos cinta métrica para medir versos, non nos preocupa a voz poética, a modalización narrativa nin a categoría dos personaxes.

Interésanos todo o que teña que ver coa relación da literatura galega con outros ámbitos: cine, música, fotografía, webs, blogs, redes sociais, turismo… O noso é a “literatura galega sen papeis“.

Iremos engadindo aquí novos contidos, sen ningún tipo de orde, a partir dalgúns dos que vexamos na clase. En calquea caso, mediante as etiquetas poderanse ver todos os que pertenzan a cada categoría.

Esperamos que che interesen.