Booktrailer de “A Veiga é como un tempo distinto”, de Eva Moreda

POST: Irene Awad Guerrero

Un día na clase estivemos vendo os booktrailers de varias obras literarias. Despois propuxémoslle ó alumnado a elaboración dun booktrailer de calquera libro que lese. Irene Awad Guerrero fixo o da novela A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.

Preme AQUÍ ou na imaxe para velo.

(NOTA: Por problemas de dereitos de autor, non soa o audio).

a-veiga

Booktrailer: “A miña planta de laranxa lima”, de Jose Mauro de vasconcelos

POST: María Cando Cruña

Un día na clase estivemos vendo os booktrailers de varias obras literarias. Despois propuxémoslle ó alumnado a elaboración dun booktrailer de calquera libro que lese. María Cando Cruña  fixo o da novela A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, que se pode ver premendo AQUÍ ou na imaxe seguinte:

a-mina-planta-de-laranxa-lima

Booktrailer: “Os últimos fuxidos”, de Xosé Fernández Ferreiro

POST: Clara Maseda Da Veiga

Un día na clase estivemos vendo os booktrailers de varias obras literarias. Despois propuxémoslle ó alumnado a elaboración dun booktrailer de calquera libro que lese. Clara Maseda Da Veiga  fixo o da novela Os últimos fuxidos, de Xosé Fernández Ferreiro, que se pode ver premendo AQUÍ ou na IMAXE seguinte:

os-ultimos-fuxidos

 

Booktrailer: “Un dente sen cadáver”, de Miguel Anxo Fernández

POST: Manuel Álvarez Rodríguez

Un día na clase estivemos vendo os booktrailers de varias obras literarias. Despois propuxémoslle ó alumnado a elaboración dun booktrailer de calquera libro que lese. Manuel Álvarez Rodríguez fixo o da novela Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández, que se pode ver premendo AQUÍ ou na imaxe.

un-dente-sen-cadaver

 

“Peleriñaxes”, de Simone Saibene

POST: Mateo Rodríguez

pelerinaxes
Carátula do libro-CD

Pelerinaxes é un documental dirixido polo italiano Simone Saibene que relata a historia dunha moza, Luzía,  que decide facer a mesma viaxe que fixeron en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-cho-Shey e que o propio Otero recolleu no seu libro Peleriñaxes-I

Esta viaxe é na súa maioría  a pé e comeza dende Ourense ata San André de Teixido, pasando por Monterroso, Lugo , Ortigueira etc… O motivo desta viaxe foi coñecer máis a fondo a realidade do país, interactuando coa paisaxe e a súa xente. Tomaron boa nota de todo aquilo que viran e experimentaran na obra de Otero Pedrayo. Este grupo tiña unha gran aversión cara o turismo, do cal pensaban que era unha experiencia precindible, destinada a aumentar o sentimento de superioridade dos visitantes. Como consecuencia disto, a xente do Grupo Nós busca viaxes que lles proporcionen unha relación auténtica con Galicia.

Antes de comezar a súa viaxe, Luzía infórmase  en diferentes lugares o motivo que impulsou a Otero Pedrayo, Risco e Ben-cho-Shey a levar a cabo un traxecto tan longo. Logo de saber os motivos, as gañas de saír, coñecer Galicia e contactar con ela acaban por contaxiar á rapaza que toma o mesmo rumbo que tomara anos antes o grupo de Otero Pedrayo.

Ao longo do percorrido a protagonista encóntrase con varias persoas que lle axudan na viaxe, entre elas está Isabel Risco, a neta de Vicente Risco que, logo de moitos anos, pode reproducir o discuro que o seu avó non puido no seu momento, discurso que deixa ver un forte sentimento de atracción de Vicente Risco cara a Galicia.

A actriz que encarna o papel de Luzía é Carmen Méndez, á que podemos ver aquí con Manuel Álvarez, un dos nosos alumnos.

img_20170116_190443
Carmen Méndez con Manuel Álvarez, en Ribadeo

ENLACES RELACIONADOS:

O roteiro de Peleriñaxes I

Unha reseña de prensa

“Polo mar dos meus dedos”, de Paco Rivas

POST: MARÍA CANDO CRUÑApolo-mar-dos-meus-dedos

Polo mar dos meus dedos” é un texto de Paco Rivas a partir do cal Terra Branca produciu un videopoema.

Ambientado na Mariña lucense, esta composición mostra unha perfecta combinación entre natureza, música e expresión corporal; todo isto, para transmitir o contido duns deliciosos versos.

Hai que destacar a colaboración do Grupo de Danza Contemporánea para Adultos, de Ribadeo, e a voz do propio Paco Rivas.

ENLACE:

Videopoema “Polo mar dos meus dedos

“O pai de Migueliño”, de Castelao

POST: MANUEL ÁLVAREZ RODRÍGUEZo-pai-de-miguelino

O pai de Migueliño” é unha curtametraxe baseada nun relato de Castelao que foi levado á pantalla no 1977 pola man de Miguel Castelo.

Castelo anos despois dirixiu tamén outros filmes como Macana de dote, ché (1991) e fixo diversas críticas cinematográficas.

Esta curtametraxe reflexa e critica as consecuencias da emigración que afectaron a moitos galegos durante a posguerra.

ENLACES RELACIONADOS:

“O pai de Migueliño” en Vimeo

O pai de Migueliño” en UNED

Texto de Castelao: “O pai de Migueliño”

Ficha

Artigo sobre o director

Noticia: “A emigración e o cine” 

A”O tempo dálle importancia ás cousas”: Artigo de opinión sobre Castelo e Miguel Gato

“O documento”, de Ánxel Fole.

Post: SUSO FERNÁNDEZ ACEVEDO

o-documento-creditos

“O documento” é un relato de Ánxel Fole que foi levado ó cine por Enrique Rodríguez Baixeras en 1974.

Enrique R. Baixeras tivo problemas coa Policía por gravar esta curtametraxe en galego. Eran os últimos anos do franquismo…

Como axudante de dirección contou con Fernando Trueba, que anos despois acabaría levando un Oscar á mellor película de fala non inglesa por Belle époque.

[ENLACES RELACIONADOS]

FICHA
O documento” en Vimeo
NOTICIA RELACIONADA EN “El País” (15/07/2011)
NOTICIA RELACIONADA EN “El Progreso” (5/08/2011) 
RESEÑA EN “Ribadeo e o cine”

Comezo

POST: Suso Fernández Acevedo

cropped-internet61

Este é o blog de “Literatura galega e sociedade”, materia de libre configuración de centro ofertada ó alumnado de 2º de BAC do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Non andamos á busca das metáforas nin das rimas de ningún tipo, non temos cinta métrica para medir versos, non nos preocupa a voz poética, a modalización narrativa nin a categoría dos personaxes.

Interésanos todo o que teña que ver coa relación da literatura galega con outros ámbitos: cine, música, fotografía, webs, blogs, redes sociais, turismo… O noso é a “literatura galega sen papeis“.

Iremos engadindo aquí novos contidos, sen ningún tipo de orde, a partir dalgúns dos que vexamos na clase. En calquea caso, mediante as etiquetas poderanse ver todos os que pertenzan a cada categoría.

Esperamos que che interesen.