“Peleriñaxes”, de Simone Saibene

POST: Mateo Rodríguez

pelerinaxes
Carátula do libro-CD

Pelerinaxes é un documental dirixido polo italiano Simone Saibene que relata a historia dunha moza, Luzía,  que decide facer a mesma viaxe que fixeron en 1927 Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-cho-Shey e que o propio Otero recolleu no seu libro Peleriñaxes-I

Esta viaxe é na súa maioría  a pé e comeza dende Ourense ata San André de Teixido, pasando por Monterroso, Lugo , Ortigueira etc… O motivo desta viaxe foi coñecer máis a fondo a realidade do país, interactuando coa paisaxe e a súa xente. Tomaron boa nota de todo aquilo que viran e experimentaran na obra de Otero Pedrayo. Este grupo tiña unha gran aversión cara o turismo, do cal pensaban que era unha experiencia precindible, destinada a aumentar o sentimento de superioridade dos visitantes. Como consecuencia disto, a xente do Grupo Nós busca viaxes que lles proporcionen unha relación auténtica con Galicia.

Antes de comezar a súa viaxe, Luzía infórmase  en diferentes lugares o motivo que impulsou a Otero Pedrayo, Risco e Ben-cho-Shey a levar a cabo un traxecto tan longo. Logo de saber os motivos, as gañas de saír, coñecer Galicia e contactar con ela acaban por contaxiar á rapaza que toma o mesmo rumbo que tomara anos antes o grupo de Otero Pedrayo.

Ao longo do percorrido a protagonista encóntrase con varias persoas que lle axudan na viaxe, entre elas está Isabel Risco, a neta de Vicente Risco que, logo de moitos anos, pode reproducir o discuro que o seu avó non puido no seu momento, discurso que deixa ver un forte sentimento de atracción de Vicente Risco cara a Galicia.

A actriz que encarna o papel de Luzía é Carmen Méndez, á que podemos ver aquí con Manuel Álvarez, un dos nosos alumnos.

img_20170116_190443
Carmen Méndez con Manuel Álvarez, en Ribadeo

ENLACES RELACIONADOS:

O roteiro de Peleriñaxes I

Unha reseña de prensa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s