“O documento”, de Ánxel Fole.

Post: SUSO FERNÁNDEZ ACEVEDO

o-documento-creditos

“O documento” é un relato de Ánxel Fole que foi levado ó cine por Enrique Rodríguez Baixeras en 1974.

Enrique R. Baixeras tivo problemas coa Policía por gravar esta curtametraxe en galego. Eran os últimos anos do franquismo…

Como axudante de dirección contou con Fernando Trueba, que anos despois acabaría levando un Oscar á mellor película de fala non inglesa por Belle époque.

[ENLACES RELACIONADOS]

FICHA
O documento” en Vimeo
NOTICIA RELACIONADA EN “El País” (15/07/2011)
NOTICIA RELACIONADA EN “El Progreso” (5/08/2011) 
RESEÑA EN “Ribadeo e o cine”
Advertisements

Comezo

POST: Suso Fernández Acevedo

cropped-internet61

Este é o blog de “Literatura galega e sociedade”, materia de libre configuración de centro ofertada ó alumnado de 2º de BAC do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Non andamos á busca das metáforas nin das rimas de ningún tipo, non temos cinta métrica para medir versos, non nos preocupa a voz poética, a modalización narrativa nin a categoría dos personaxes.

Interésanos todo o que teña que ver coa relación da literatura galega con outros ámbitos: cine, música, fotografía, webs, blogs, redes sociais, turismo… O noso é a “literatura galega sen papeis“.

Iremos engadindo aquí novos contidos, sen ningún tipo de orde, a partir dalgúns dos que vexamos na clase. En calquea caso, mediante as etiquetas poderanse ver todos os que pertenzan a cada categoría.

Esperamos que che interesen.